Colexio AYALA
🛑 STOP! Aula en Xogo
O xogo de cartas máis rápido da clase
🏁 VIII Olimpíadas Escolares de Seguridade Viaria · Narón 2026
🎓 Colexio Ayala · Manual de Instrucións Oficial

🎯 Obxectivo do xogo

Sé o primeiro en quedar SEN CARTAS! Para gañar terás que ser o máis rápido da clase e usar moito a túa cabeza.
Reflexos + coñecemento = vitoria. 🧠⚡

📦 Que hai na caixa?

En cada mesa de xogo ides ter:

Reloxo de area
🛑Fichas STOP (puntos do torneo)
🃏Baralla de 50 cartas
🛑
¿Que é unha Ficha STOP?
É o punto que gaña a parella gañadora en cada mesa ao rematar o tempo do reloxo de area. Ao final do torneo, o equipo con máis Fichas STOP gaña.

As 5 cores de cartas

🚑Vermello
Primeiros Auxilios
🌿Verde
Medio Ambiente
🚗Amarelo
Educación Vial
🔢Púrpura
Matemáticas
🔤Azul
Inglés
💡 O segredo das cartas: Polo anverso teñen a pregunta en negro e a resposta oculta en gris. Polo reverso teñen o debuxo cun número e unha cor.

⚔️ O Duelo Básico (1 contra 1) ⏱ ~5 min

Xógase en parella, un contra un. Non se emprega o reloxo de area.

A) Como se collen e se tiran as cartas

1

Repartide a baralla á metade

25 cartas para ti e 25 para o teu rival. Cada un colle o seu mazo.

2

⚠️ Colle o mazo coas preguntas cara arriba

MOI IMPORTANTE: así ninguén pode facer trampas vendo a cor ou o número da seguinte carta antes de tirala.

3

Á de tres, tirade ao mesmo tempo

Os dous tirais a carta de arriba á vez. Ao deixala na mesa, dádelle a volta para que se vexa o número e a cor polo reverso. Iranse formando dous montiños de cartas na mesa. Seguide tirando sen parar.

B) Cando hai que berrar STOP? 🛑

🛑 STOP!

Pon a túa man rapidamente enriba das dúas pilas e berra STOP! cando as dúas cartas visibles coincidan en:

O MESMO NÚMERO
A MESMA COR

O máis rápido en poñer a man enriba dos dous montiños gaña o dereito a facer a pregunta.

C) Quen le a pregunta e que pasa coas cartas

Se fuches ti o máis rápido → ti fas a pregunta. Le en voz alta a pregunta da última carta do teu mazo (a que ías tirar a continuación — NON as dos montiños da mesa), sen que o rival vexa a resposta en gris.

❌ O rival FALLA ou NON SABE

O rival lévase todas as cartas dos dous montiños como castigo e ponnas debaixo do seu mazo.

✅ O rival ACERTA

Ai non! Ti (que dixeches STOP) és quen se leva todas as cartas da mesa como castigo.

D) E se digo STOP por erro? 🙊

Castigo por falso STOP: O xogo detense e o rival vaiche ler a ti unha pregunta.
🏆 Obxectivo do Duelo: O xogo remata cando un dos xogadores queda sen cartas. Ese xogador gaña o duelo.

🔄 Modo Rotonda (Toda a clase) ⏱ ~30 min

Para 20–25 persoas. Gran torneo en equipos con reloxo de area.

A) A Preparación

1

Póñense 6 mesas en círculo

As mesas forman un anel. En cada mesa xogan 2 contra 2. Se alguén sobra, pódese xogar 3 contra 2.

2

Divídese a clase en dous grandes equipos

  • 🔵 Equipo Exterior (por fóra do círculo) — queda fixo en cada mesa.
  • 🔴 Equipo Interior (por dentro do círculo) — vai rotando á seguinte mesa.

B) Diagrama do Modo Rotonda

MODO ROTONDA Mesa 1 Mesa 2 Mesa 3 Mesa 4 Mesa 5 Mesa 6
Equipo Exterior (queda fixo)
Equipo Interior (rota en sentido horario)

C) Como se xoga en parellas

Repártese o traballo dentro de cada parella:

D) O reloxo de area e as rotacións

Dáselle a volta ao reloxo de area

Ao comezo de cada ronda, dáselle a volta ao reloxo. Cando a area remate, para o xogo en todas as mesas.

🏅

Gaña a parella con menos cartas na man

Esa parella colle 1 Ficha STOP para o seu gran equipo. Se as dúas parellas teñen o mesmo número de cartas, ninguén gaña ficha nesa mesa.

🔄

Rotación do Equipo Interior

A parella do Equipo Exterior queda sentada. A parella do Equipo Interior levántase e pásase á seguinte mesa seguindo a dirección das agullas do reloxo. Comeza unha nova ronda.

🏆 Como ganar o torneo

🏆

Cando o Equipo Interior dea unha volta completa polas 6 mesas (6 rotacións), o torneo remata.

Cada equipo conta as súas Fichas STOP acumuladas ao longo do torneo.

O equipo con máis fichas... É O GAÑADOR DE STOP! 🛑

¡Moita sorte nas VIII Olimpíadas Escolares de Seguridade Viaria de Narón! 🏁

▶ Vídeo explicativo

▶ Ver vídeo en YouTube

Se o vídeo non carga, fai clic no botón para velo directamente en YouTube.